Actriz, directora, pedagoga.
Diplomada en Maxisterio e licenciada en Humanidades pola USC, cursou o "Posgrao de Estudos Teatrais e Audiovisuais" e obtén o Diploma de Estudos Avanzados de "Teatro, Expresión Corporal e Sociedade" na Universidade de A Coruña.
Actriz cun amplo currículum teatral, leva máis de 20 anos de carreira profesional nas artes escénicas. Traballou ininterrompidamente con distintas compañías como Redrum Teatro, AAntena, Galitoon, La Yogurtera, Elefante Elegante, Caramuxo, T. do Atlántico, T. do Noroeste, La fura dels Baus; así como para O Centro Dramático Galego. No 2008 foi galardoada co premio á mellor actriz, polo espectáculo "Extrarradios", no Festival Galego de Teatro.
No 2016 funda a compañía Pérez&Fernández, especializada tanto na adaptación de literatura a escena para público familiar: "O Poder de Amabel", "Aguratrat" ou "Os Nenos da Varíola" (Premios Luisa Villalta pola Igualdade e María Casares a Mellor Espectáculo Infantil 2021); como na creación de textos propios: "Nanai da China" (Premio María Casares ao Mellor Espectáculo de Títeres e Obxectos 2024).
No audiovisual puidemos vela en producións televisivas como "TAC", "Pazo de Familia", "Matalobos", "Padre Casares", "Libro de Familia" ou "A Vida por Diante" e, no ámbito nacional, participou tamén en series como "Hospital Central", "Sin Tetas no hay Paraíso", "Toledo" ou "Fariña".
Como docente dirixiu diversos talleres de artes escénicas e desenvolve dende hai moitos anos animacións á lectura en centros educativos.
657 36 37 35